Sunteți pe pagina 1din 2

A CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR PRESENTA O SEU INFORME ANUAL NO ÚLTIMO

PLENO ORDINARIO DO ANO.

A concelleira do BNG, Victoria Rei, presentou ante o pleno, o balance do traballo feito na
concellaría no ano 2009, como exercicio de transparencia e de satisfacción polo traballo feito,
destacando que pasaron de xestionar 47.625 € no ano 2006 a 169.928 € neste ano.

Atenderonse directamente neste departamento a 884 persoas ( nun concello de 3.100


habitantes).

O programa que máis carga de traballo supuxo foi a atención á dependencia, pois lévanse
tramitado 167 solicitudes de dependencia ( 55 no ano 2009), das cales finaron 31 persoas e
78 están pendentes de ter asignado algún recurso ( o que se coñece como PIA: Plan
Individualizado de Atención).

O Servizo de Axuda no Fogar atendeu ó longo do ano a 28 persoas, prestando 765 horas
mensuais de asistencia no fogar ( das cales 515 horas son de atención a persoas dependentes).
Destacou tamén que desde finais de xullo temos aprobada a nova ordenanza do servizo de
axuda no fogar adaptada ós requisitos da Lei de Dependencia , aproveitando para denunciar
una vez máis que a pesar de que ten os prezos máis baratos de toda a comarca para a xente
con menos ingresos o PP votou en contra da súa aprobación pero sen presentar nin una sola
alegación para a súa mellora, e agora a Xunta obríganos a encarecelos para poñelos ó mesmo
nivel que os demais .

Os servizos de perruquería e podoloxía no fogar atende actualmente a 39 persoas, e a pesar


de que a Xunta non se compromete a financialos a través da súa nova orde de financiación, a
concelleira comprometeuse unha vez máis a manter estes servizos tan ben valorados polas
persoas usuarias.

Respecto ás prestacións económicas propias do concello concedéronse as seguintes axudas


económicas:

-Para familias: 12 solicitudes ( en concepto de alimentación, transporte, próteses…), un total


de 3.488 €.

-Para axudas á escolaridade: 36 solicitudes , 29 concedidas con 43 escolares beneficiarios, un


total de 3.090 €.

Unha das actividades que maior participación teñen e nos producen máis satisfacción, porque
supón potenciar a autonomía das persoas maiores e a mellora da súa calidade de vida a través
do envellecemento activo, son as Aulas de Educación Permanente, durante o curso 08-09
tivemos 4 grupos de Alfabetización e Estimulación da Memoria, que sumaron arredor de 80
persoas participantes. Neste curso 09-10 puxemos en marcha novos grupos chegando a 7
lugares: Lestrobe, Dodro, Tallós, Traxeito, Imo, Bexo e Teaio, cun total de 150 persoas
participantes.
A fonte de financiación de programas para este ano foi a seguinte:

Xunta de Galicia 112.304 €


Deputación da Coruña 54.315 €
Fondos propios do concello 20.000 € en ACTIVIDADES
6.522 € en AXUDAS ÁS FAMILIAS

Estes son algúns dos datos destacados na presentación do informe.

( Os datos son moi aproximados, tendo en conta que o balance se fai a finais de novembro de
2009)

S-ar putea să vă placă și