Sunteți pe pagina 1din 4

A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E BENESTAR PRESENTA UN ESTUDO

DA SITUACIÓN DAS MULLERES DE DODRO


O concello de Dodro, a través da concellaría de Igualdade e Benestar, está rematando a
elaboración do II Plan de Igualdade, que presentará a finais deste mes de marzo.
O II PIOM do Concello de Dodro supón o establecemento de medidas que van dirixidas
tanto a continuar no camiño da igualdade de xénero, como a beneficiar ao conxunto da
cidadanía de Dodro.
Para a elaboración do mesmo fíxose unha análise diagnóstica a través de datos
obxetivos e da participación social, con entrevistas, grupo de discusión e a enquisa
municipal realizadas á propia cidadanía local, para definir as prioridades, necesidades e
obxectivos, de tal xeito que o II Plan de Igualdade está feito por e para os veciños/as de
Dodro, garantindo así a máxima repercusión social.

I. ANÁLISE DIAGNÓSTICA DE DODRO

A PRIMEIRA FASE de realización do II PIOM consistiu no ESTUDO DIAGNÓSTICO


da situación socioeconómica da poboación de Dodro (perfil demográfico, social, formativo
e laboral das mulleres e homes do Concello):

1. A análise da situación demográfica amosa que Dodro sitúase nunha tendencia


demográfica similar ao resto da comarca dentro da cal destáca un escaso peso da poboación
infantil. Non obstante, os datos sobre natalidade e fecundidade amosan que Dodro está a
mudar lixeiramente esta tendencia, recuperándose máis rápido que o seu entorno directo,
pois no último ano houbo un lixeiro repunte da poboación (20 persoas no último ano). Por
outra banda, a poboación presenta un certo grao de envellecemento, especialmente no
caso das mulleres, que son maioría dentro da poboación de máis de 64 anos.
Actualmente temos 1511 homes e 1604 mulleres. En consecuencia, este colectivo constitúese
coma un dos principais beneficiarios do II PIOM. De feito, as mulleres de Dodro, e en especial
as de maior idade, amosan maiores niveis de desprotección polo que precisan dunha atención
e un apoio específicos, xa que son elas as que demandan en maior medida diferentes
actuacións dos Servizos Sociais do Concello.

2. En canto á formación, o 10% da poboación ten rematados niveis educativos


superiores (FP de grao medio e superior e/ou estudos universitarios), cunha lixeira
masculinización da formación profesional, e unha clara feminización dos estudos
universitarios. Estes datos indican que as mulleres de Dodro deciden continuar en maior
medida a súa vida formativa. Por outra banda, a metade da veciñanza (53%) non completou
a educación obrigatoria (este dato explícase polo nivel de envellecemento da poboación); sen
embargo, entre a mocidade en proceso de formación rexístrase un importante avance neste
campo, xa que o colectivo maioritario é o correspondente aos bachareis e estudantes
1

universitarios.

3. A estrutura económica e laboral de Dodro amosa que a poboación inactiva supera


lixeiramente á activa no seu conxunto (52%) e está formada maioritariamente por mulleres
(dedicadas ás tarefas do fogar, xubiladas, pensionistas e estudantes). Da poboación activa
local destácanse principalmente dúas cuestións: que a maioría dos activos son homes, e
que, a pesar disto, o paro afecta en maior medida ás mulleres (en torno ao 60% do paro
rexistrado en Dodro durante o ano 2009 eran mulleres).

Dentro da poboación ocupada o autoemprego é unha opción minoritaria, xa que o 85%


dos traballadores/as do concello traballan por conta allea e contan cun contrato temporal, o cal
indica un alto grao de temporalidade no emprego. Segundo o sexo, os homes amosan unha
maior tendencia a obter contratos fixos, ademais de ser maioría dentro do empresariado local.
As mulleres, pola súa parte, presentan unha menor estabilidade laboral e son minoría dentro
do traballo por conta allea, amosando un menor volume de persoal ao seu cargo.

Por ramas de actividade, case a metade da poboación ocupada concéntrase no sector


servizos (48%), seguido da industria, a construción e en último lugar o sector primario.
Segundo o sexo, as mulleres traballadoras de Dodro concéntranse principalmente nos
servizos; nos dez últimos anos a poboación feminina local foi abandonando
paulatinamente os traballos da agricultura e o campo, para desprazarse aos servizos. A
industria e a construción, pola contra, presentan unha maior masculinización no emprego, o
cal supón que aínda segue a haber unha importante diferenciación sexual do traballo.

4. En canto ao nivel de benestar -relacionado cos servizos e recursos dispoñibles no


municipio- dende o segundo semestre do ano 2007, a oferta de actividades e servizos
incrementouse de maneira exponencial. De feito, a veciñanza de Dodro móstrase moi
satisfeita coas actividades e obradoiros organizados no concello, especialmente as
mulleres e os usuarios/as maiores de 55 anos, comprobando que a participación maioritaria é
a das mulleres. As áreas tratadas en maior profundidade, ou cun maior nivel de actuacións,
son as de Infancia e Xuventude, Maiores e Muller, o que mostra a preocupación por atender a
todos os sectores poboacionais, aumentado así o volume de servizos dispoñibles, e con el o
nivel de benestar. Cabe destacar tamén que a oferta de actividades é permanente durante
todo o ano, polo que se mantén un nivel de atención e esforzo continuos.

II. ANÁLISE DO TRABALLO DE CAMPO


A participación social da poboación local foi un dos puntos básicos da redacción do II
PIOM e estableceuse a partir de dúas actuacións fundamentais:

1. Realización dunha enquisa estratificada por sexo e idade, con 100


participantes das 3 parroquias.
2. Realización dun grupo de discusión con representantes do eido educativo,
asociativo e administrativo.

Sobre a base dos RESULTADOS DE OPINIÓN conclúese:

1. A poboación de Dodro está concienciada de cara á necesidade de actuar a prol


da igualdade e, especialmente, de cara á eliminación da violencia de xénero. O grao de
sensibilización da poboación local é, pois, bastante elevado; aínda así, cómpre manter como
obxectivo primordial do II PIOM a concienciación dos homes e da poboación maior de 55
anos, pois os resultados da enquisa son en xeral máis débiles nestes dous colectivos.
1

2. Para as mulleres dos tramos medios de idade (entre 35 e 54 anos), o nivel de estudos
aínda segue a ser un dos principais impedimentos no acceso ao mercado laboral; a inserción
laboral preséntase, pois, como un dos principais problemas das mulleres. Destaca,
ademais, que un terzo está dedicada ás tarefas do fogar, mentres que o volume de homes que
o fan é case testemuñal, polo que tamén cómpre revalorizar o traballo doméstico a tódolos
niveis (económico, social, etc.). Neste senso, unha das cuestións que máis dificulta o
acceso a un emprego remunerado é o coidado de familiares dependentes (fillos/as,
persoas maiores, etc.), e os prexuízos existentes por parte dos empresarios (feito que contribúe
á menor estabilidade laboral feminina); unha vez máis é a poboación máis nova a máis
sensibilizada con estas cuestións.
3. Para facilitar a incorporación feminina ao mercado laboral, a veciñanza demanda
unha maior rede de servizos de atención á infancia ou aos maiores que permita facilitar a
conciliación e minimizar a dependencia que estes grupos teñen das mulleres das súas
familias. Así mesmo, creen que é necesario fomentar o autoemprego e as iniciativas
empresariais femininas no concello. De igual xeito, considérase moi necesario aumentar a
presenza das mulleres na vida pública, tanto a través das listas electorais paritarias coma da
presenza feminina nas asociacións locais. Como aspecto positivo, a participación feminina no
movemento asociativo de Dodro, especialmente no caso das mulleres de máis idade, é
sensiblemente superior á dos homes.

4. Un dos principais problemas das mulleres do concello á hora de incorporarse ao


mercado laboral e á hora de participar na vida pública é a dificultade de conciliar as súas
responsabilidades domésticas (principalmente o coidado das fillos/as e dos dependentes) con
estas outras actividades. Segundo os resultados da enquisa realizada, a poboación cre que
non hai medidas suficientes para o fomento da conciliación, aínda que se considera que
serían moi efectivas as seguintes: a extensión dos servizos de atención á infancia e ás persoas
maiores, a flexibilización de horarios, ou a redución de xornadas para as persoas con
dependentes ao seu cargo. De maneira máis concreta, proponse de xeito maioritario a
ampliación dos horarios da gardería e do centro de día, mentres que a segunda opción
pasa polo incremento do número de prazas, e a instalación dun comedor no colexio.

5. En termos xerais, case dous terzos da poboación opina que as tarefas


domésticas deben ser repartidas por igual entre tódolos membros da familia
independentemente do seu sexo. Sen embargo, a pesar de estar concienciados/as
teoricamente, esta non se produce de xeito efectivo na vida cotiá: dúas de cada
tres mulleres afirma colaborar moito nas responsabilidades domésticas, mentres
que só o 6% dos homes fai o mesmo. As mulleres encárganse fundamentalmente
de facer a colada, de facer e planificar as comidas, da limpeza da casa e das
decisións de compra. Os homes, pola súa parte, fan os pequenos arranxos da casa
e o mantemento do vehículo familiar (actividades que non hai que realizar
diariamente). As tarefas do campo repártense de xeito máis equilibrado. En canto
aos usos do tempo dos homes e mulleres de Dodro, nas tarefas do fogar as
mulleres ocupan tres horas diarias máis de media que os homes; e no coidado de
fillos/as e dependentes ocupan cerca de dúas horas máis do seu tempo que os
varóns.

6. De cara á equiparación entre mulleres e homes nestas e noutras cuestións, a práctica


totalidade dos entrevistados/as cren que nenos e nenas deben ser educados
exactamente do mesmo xeito independentemente do seu sexo (a principal
responsabilidade neste senso teríaa a familia e, a continuación, a escola, os medios de
comunicación e a propia Administración Pública).
1

7. Finalmente, en canto á prevención e eliminación da violencia de xénero, a formación


e educación da xuventude aparece identificada como unha das principais solucións ao
respecto. De feito, vanse eliminando algúns dos principais estereotipos asociados a este tema
(baixo nivel educativo e económico dos agresores, problemas de alcohol ou drogas, etc.) aínda
que se manteñen parcialmente algúns outros. Neste senso, existe un alto nivel de
recoñecemento dos recursos de atención e denuncia dispoñibles, especialmente no caso das
mulleres; non obstante, como dato negativo, cómpre sinalar que é a poboación máis nova a
que menos nivel de coñecemento amosa, polo que resulta necesario incidir na difusión de
información dentro deste colectivo.
1

S-ar putea să vă placă și