Sunteți pe pagina 1din 114
Diascros Ep1TortAl: (CesAREO SANCHEZ IGLESIAS ‘CooRpeNADox: FRAscisco CARBALLO Prema Eoicion: Mao 1993, OF RANA CaLo ‘© Promocons CuLTuRAIs GALECAS S.A. ‘Apxstang 1371 36200 Vico DrseS0 GrAnco € Capa: Xos0 Tanoans ISBN 84-608-5909.8, Desosrro Leciat: VG-183.93, lareensa: Nompnrer - Run Da. ALatxTO AGUiAR, 103-85C. 3 - PORTO - PORTUGAL LESTE LBRO CONTOU CUNIEA SUBVENCION DA Consent v€ Cuttura & XuvEtupe, Dineceadn Kerat. pe CULTURA, R.45,4S3 A Cultura castrexa FRANCISCO CALO @ HistToRIA DE GALICIA # Aos meus fillos Sofia, Francisco e Irene. INDICE XERAL InTRODUCCION 7 A CUESTION DO NOM! MW CASTROS E CITANIAS . 7 HISTORIA DAS INVESTIGACIONS 23 TExtos CLASICOs 26 Da Baixa ROMANIDADE AO SECULO XIX .. 29 SECULO XX ... se 34 © _ LiMires CRONOLGOXICO-XEOGRAFICOS 41 — LIMITES CRONOLOXICOS .. 46 A CUESTION DO CELTISMO 60 LIMITES XEOGRAFICOS ... 65 © TerRiTorIO E POBOADOS 23 OS ASENTAMENTOS .. 75 Os EMPRAZAMENTOS « 77 —A FORMA . 81 ONUMERO 83 AS DIMENSIONS 84 HABITAT ... 86 VC -D— DeFENsAS ou PECHES 87 ‘TERRAPLENS OU VALOS «. 88 PARAPETOS « 89 Foxos .. 89 MURALLAS 90 PEDRAS FINCADAS 93 FUNCION DAS DEFENSAS CASTREXAS 97 JO AD —URpanisMo 102 CULTURA MATERIAL 119 PLASTICA . 135 GUERREIROS 137 (CABEZAS HUMANAS 141 (CABEZAS ZOOMORFAS ... 143 SEDENTES . 144 FIGURAS DI 145 DECORACIONS ARQUITECTONICAS 147 “PepRAS FORMOSAS™ Economia .. ORGANIZACION SOCIO-POLITICA GUERRA E RELIXION — ARELIXION ConcLusIONS fxpice onomAsTiCo BIBLIOGRAFIA ..... A CULTURA CASTREXA INTRODUCCION Escribir un libro sobre a Cultura Castrexa era algo que non en- traba nas nosas previsiGns por un feixe de argumentos dos que nos resulta mesmo pouco doado facer unha gradacién. En pri- meiro lugar est4 o tema en si. Hai cousa de 15 ou 20 anos era tan pouco o que se sabfa sobre esta cultura que facer un libro sobre ela non tifia demasiados problemas. Hoxe, os avances, as investigaciOns dispersas sobre tantos aspectos do tema fan que un s6 investigador tefia dificultades 4 hora de encarar con rigor ¢ profundidade a gran riqueza de manifestaciéns. Non se trata de que un investigador aillado non tefia controlado todo 0 que se publicou nos iiltimos anos, sen6n que os vieiros de actuacién encamifiados ou suxeridos son tantos e dispares que a empresa é mais propia dun equipo que dun home s6. Outra cuestién, que aparentemente entra en contradiccién coa anterior, € 0 feito da inflacién de publicaciéns xerais, xa monogrdficas, xa en Historias de Galicia, que con moi poucas variantes —ds veces retrocesos— estan desde hai un tempo a incidir sobre o tema; fa- cer unha méis pode parecer unha redundancia custosa e estéril Sentado o anterior, xurde a idea das Ediciéns A Nosa Terra de facer unha coleccién tematica de aspectos da Historia de Galicia entre os que, unha vez mAis, ten que entrar 0 Castrexo. Encrgasenos a elaboracién ¢, malia as nosas dibidas, resulta escusado e obvio dicir que aceptamos. Varias son as raz6ns. De entrada fase facer, fose quen fose, e despois de tantos anos adi- cados ao estudio deste eido da nosa Historia pensamos que algo poderiamos aportar. Pero a continuacién chegan os condicio- nantes, Primeiro, por escomenzar por algtin, esta o l6xico limite de p4xinas, cento e poucas, cando unha das iiltimas obras xerais —s6 para Portugal— sobre a cuestién ocupa 400 de gran forma- to, € nés mesmos fixemos unha tese de doutoramento sobre un apartado moi concreto nun milleiro de folios. En segundo lugar indicasenos que a obra ten que ser de divulgaci6n, de alta divul- gacién e que ao mesmo tempo xere polémica entre os especiali tas. Todo isto é ben dificil de conxugar, custounos Deus e axuda tentar facelo e moi posibelmente non formos quen de conseguilo. HAI COUSA DE 15 OU 20 ANOS ERA TAN POUCO © QUE SE ‘SABIA SOBRE ESTA CULTURA QUE FACER UN LIBRO SOBRE ELA NON TINA, DEMASIADOS PROBLEMAS A CULTURA CASTREXA. Expliquemos, pois, 0 que fixemos, non para curdrmonos en satide, sen6n para servir de prevenci6n a lectores interesados nun achegamento ao tema ou para aviso de navegantes co com- pas interferido que pretendan entrar a saco —no seu dereito es- tin— facendo criticas ¢ recensidns destructivas. E obvio que 0 autor sabe algo mais sobre plastica que o que di nas poucas pa- xinas deste libro... (ainda que o esencial si esta dito). Procuramos fuxir da erudicién ¢ do cientifismo mais propio dun traballo doutra natureza que dun libro que pretende levar ao gran publico uns cofiecementos sobre 0 que foi, segundo nds sa- bemos, a Cultura Castrexa. Tentamos introducir nalgtins aparta- dos ideas persoais sobre a nosa visién dunha cultura como a castrexa, ideas que, por ser persoais, son discutibeis e nas que, a priori, non pretendemos ter toda a raz6n. Ai si pode entrar a po- Iémica, pois son aspectos de método, interpretativos, € dicir, son cuestiGns epistemoléxicas e polo mesmo discutibeis. Noutros apartados non ten senso buscar aqui tipoloxias ou mesmo dataciéns para certos elementos ergoléxicos. Por exem- plo, nas lifias adicadas 4 ceramica non terfan por que aparecer ‘os vasos de asa interior horizontal, “intimos” na linguaxe colo- quial cando falamos cos nosos colegas portugueses, que xunto cos en orella tefien unha cronoloxfa augtistea evidente. Non pre- tendemos facer isto, senén divulgar cousas que son certas. enunciar cuestidns que son discutibeis e ofrecer visiéns persoais hist6rico-antropoléxicas sobre aspectos que consideramos de- senfocados en publicaciéns estrictamente arqueoldxicas. A Cultura Castrexa, como toda cultura. € algo humano € por con- seguinte dificil de aprehender e expor nun traballo mais ou me- nos extenso. Sabemos da dificultade de comprender unha cultura viva. Pojiamos un exemplo. Cando Bronislaw Malinowski estudiou 6s habitantes das Trobriand chegou a unhas conclusins, ¢ anos despois os seus propios discipulos, manexando os mesmos da- tos, chegaron a outras... Translademos isto a unha cultura desa- parecida hai 1.900 anos. Para estudiala contamos unicamente coa nosa bagaxe cultural, cos nosos prexuizos e cos materiais (sempre unha infima parte do que haberfa) que chegaron a nés. Evidentemente as nosas conclusiéns non poden ir mais al dunha caricatura, méis ou menos semellante 4 realidade, pero nunca poderin ter a semellanza dun retrato. & ee aus exetnplb, Se nun castro atopamos unha ara adica- ‘dade dos ‘atran dee a elaborar teorfas sobre a relixio- Gide pensar gue es a castro. ¢Non € igualmente licito & hi- plantou a a ay ie Lapa estranxeiro chegou ao castro © cidiides bat Sotids a ss icfa ao resto dos moradores? Nas nosas por lea todos rezan ae cnueetros, igrexas € santos. ,Andamos identifieades con? cotfo? {Sentimonos todos igualmente Posibel it 7 Imente moitos arquedlogos dirdn que si nun futuro. A A CULTURA CASTREXA frase de Estrabén de que os Galaicos eran ateos foi interpretada como que non representaban figurativamente aos seus moitos deuses. E posibel, pero tampouco & indemostrabel que moitos fosen realmente ateos. ¢E licito teorizar sobre a funcién guerrei- rae a belicosidade dos castrexos cando practicamente non ato- pamos armas ofensivas nin defensivas? {As poucas que hai dan pé para asegurar que os habitantes dos castros non facfan mais que meterse en liortas? Pensamos que non, pero os arqueélogos ¢ os historiadores en algo nos temos que entreter e se a Historia, como dixo Duby, non € mais ca un xénero literario, é valido teo- rizar, pero a partir de estatisticas fiables, non sobre a base de ca- tro datos, as mais das veces collidos de esguello. E certo que seguindo este vieiro poderiamos chegar a un es- téril nihilismo; pero non & menos certo que actualmente os estu- dios sobre Cultura Castrexa, imbuidos en moitos casos polo mundo anglosaxdn, tentan chegar a explicaciéns baseadas en modelos tedricos. Primeiro constniese, ou acéptase, 0 modelo e logo férzanse os datos para facelos encaixar, por exemplo no re- ferente 4 distribucién espacial, 4s cronoloxfas, & sociedade, a re- lixidn... Contra tales modelos non temos mais prexuizos que contra as estatisticas, Coidamos que excavando media ducia de castros non se poden construir modelos. Os paradigmas virdn despois de moitas excavaci6ns, non antes. E aquf enlazamos co que diciamos ao primeiro: fixose moito nos tltimos 15 ou 20 anos, pero por esa raz6n estamos nunha fase do cofiecemento que esixe moito mais traballo de campo ¢ gabinete, para logo, nun estudio colectivo, tentar facer unha aproximaci6n, sempre moi distorsionada, da realidade cultural castrexa. Pedir mais coidamos que € absurdo, pois os arquedlogos traballan sobre 0 atopado, que certamente sera sempre por raz6ns obvias unha in- fima parte do que habia. Despois destas aclaraciéns entraremes no asunto, sendo _conscientes de que 0 ) nico que podemos asegurar ¢ que conece- a Miateriais, que procuramos achegamos.acles con humil~ “en pretender descubrir mediterraneos, que nos esforza- mos por seguir as indicaciéns (divulgacion ¢ contraste) que & Editorial nos encargou e que desexamos que este libro non tefia unha reedicién, senén unha revision global, 0 que demostraria que a arqueoloxfa do Noroeste g0za de boa satide. ; Con respecto As cuestiéns de método, coidamos que e preci- so explicar a diferencia de tratamento bibliografico duns capitu- los verbo dos outros, Nos primeiros apartados, sobre todo no adicado aos limites, son tantas as opiniéns que pensamos que deberiamos citar autor, ano ¢ paxina despois de cada unha delas. Isto non € moi propio dun libro de divulgacién, pero na nosa opinién cada limite proposto € responsabilidade de quen 0 pro- puxo, polo que debe de figurar 0 seu nome. Nos restantes capi- tulos, moito mais xenéricos ou teéricos, a lectura do texto, sen interrupciéns de citas bibliograficas, resulta moi ben mis fluf- af Lictto TEORIZAR ‘SOBRE A FUNCION GUERREIRA EA BELICOSIDADE DOS CASTREXOS CANDO PRACTICAMENTE NON ATOPAMOS ARMAS ‘OFENSIVAS NIN DEFENSIVAS? A CULTURA CASTREXA, da, e 0 listado que vai no fin do libro recolle a todos os autores que se empregan, apoian ou discuten para cada cuesti6n. Conxugando este dobre método de citas pensamos que cum- primos os obxectivos de divulgar ¢ ao mesmo tempo de facilitar ‘aos lectores interesados a principal bibliografia sobre cada un dos temas. A descompensacién numérica de autores dun capitu- lo con respecto a outro non é mais que o reflexo real de por on- de camifiaron ou camifan as investigaciéns sobre a Cultura Castrexa. A cuestién do nome A CULTURA CASTREXA. Xa van ald méis de un cento de anos desde que os investigado- res, con mellor ou peor formacién, con mais ou menos luces ¢ con resultados de moi desigual fortuna se vefien adicando a tra- ballar sobre unha longa ctapa do devir hist6rico do Noroeste bautizada como Cultura Castrexa, Idade do Ferro e mesmo, nunha obra clave e recorrente, Civilizacién Céltica de Galicia. E ben sabido que as tradicionais divisions & periodos da Historia e da Historia da Arte non adoitan ter nomes que res- posten 4 sia verdadeira esencia, nin moito menos que engloben © conxunto das stias connotaciéns; pero ainda asi estan acufia- dos, son de todos cofiecidos e por conseguinte funcionan. Algo semellante sucede coa expresién Cultura Castrexa. O primeiro elemento coidamos que esta correctamente empregado, pois. malia haber tantas definiciéns de “cultura” como autores se ¢s~ forzaron por definila, se aceptamos que se trata da totalidade de cofiecementos e comportamentos (técnicos, econémicos, artisti- cos, sociais, relixioso: que caracterizan unha sociedade hu- mana concreta, é perfectamente valida ¢ expresiva para 0 que nos ocupa. O segundo elemento pode ser discutfbel, argumen- tando que se trata dunha sinécdoque, xa que_o tipo de asenta- mento, de poboado —o castro— se fixo definitorio da cultura, Me Casrode Coaia. 13 14 NESTE LIBRO NUI APARECERA A PALABRA HABITAT COMO SINONIMO DE "ASENTAMENTO OU CASTRO, POIS ESTE NON E MAIS QUE “UN ‘ASPECTO MOI Castelo de Fana. Vista parcial a muralla medieval Corre defensiva A CULTURA CASTREXA Notarase que neste libro nunca aparecerd a palabra habitat co- mo sinénimo de asentamento ou castro, pois este non € mais que “un aspecto moi particular das relaciéns dinémicas que pro- manan do primeiro”, como xuntamente con Sierra Rodriguez nos esforzamos en tentar demostrar hai xa bastantes anos ¢ debo recofiecer que sen éxito, a xulgar mesmo polos traballos mais recentes nos que habitat e castro se seguen a empregar indistin- tamente. Despois deste inciso de precision terminoléxica, retomémolo calificativo “castrexa’’ para concluir dicindo que non nos parece “desaxeitado se 0 aplicamos co mesmo senso co que se fala de cultura alded, vilega ou pacega, dicir, no caso que nos ocupa como © conxunto de cofiecementos_¢ comportamentos que ca- racterizan 4 sociedade humana que habita nos castros. ™ Pero chegados a este punto cémpre facer unha matizacién. Para que 0 titulo funcione é imprescindibel conservar, indepen- dentemente da lingua que se escriba ou se fale, a grafia e 0 son galego, tendo en conta que en moitas outras zonas de Espaiia ta- mén hai poboados chamados castros, de af que se fale de cultu- ra castreiia; a nosa € distinta e, sen necesidade de engadir a ver- ba Noroeste, abonda cun sinxelo “X” para diferenciala. Non ocorre © mesmo en Portugal onde, por razéns obvias, a grafia castreja € comtn 4 cultura que nos ocupa € a todos os demais castros situados ao Leste e Sur da mesma. Hai uns anos, esta denominaci6n de Cultura Castrexa, que nés defendemos coa argumentacién anterior, recibiu unha serie de criticas bascadas no feito de cada vez mais estaren a aparecer materiais da Idade do Bronce e medievais nos recintos castre- xos. Coidamos que a presencia destes elementos en nada desvir- tGa o vello concepto de Cultura castrexa; 0 tinico que tefien que facer os arquedlogos é adxudicar a cada perfodo cultural o que lle € propio, pois a continuidade ocupacional ou a reutilizaci6n A CULTURA CASTREXA dun asentamento non impede aillar unha etapa concreta € dife- renciada da ocupacién. Non ten nada de estrafio, mais ben é lo- xico, que en momentos de perigo, xa sexa na baixa romanidade cando a entrada das primeiras incursiéns xermanas, ou ao longo da [dade Media, coa inseguridade producida polas razzias ou algaradas de musulméns, normandos ou correlixionarios, se reo- cupasen moitos castros, aproveitando os seus emprazamentos ¢ defensas, reforzando estas ¢ mesmo construindo no seu interior recintos murados, de perimetro loxicamente mais reducido, coa stia torre defensiva. Poderfanse citar exemplos a cito, pero con- form4monos con traer aquf o Castro de Faria (Barcelinhos) no que traballamos varios anos e, cando nés cansabamos de limpar buratos de poste con materiais do Bronce, iamonos 4 zona do Castrexo ou a parte alta, arredor da torre medieval, onde reco- Iliamos cerdémicas negras e mesmo moedas portuguesas e de Castela perdidas polos asaltantes galegos que, sabemos polas fontes escritas, mesmo chegaron a capturar e dar morte ao fillo do alcaide. gE Faria un castro? Por suposto que si; 0 unico que hai que facer € distinguir as tres fases de ocupacién, e para iso se traballaba baixo a direccién do profesor Brochado de Almeid: Idade do Ferro & outro dos nomes cos que se define esta eta- pa cultural do Noroeste. Evidentemente foi, e é, aplicada mime= ticamente, mais por raz6ns de tipo cronoléxico que tecnoldxico. No primeiro milenio antes de Cristo’espllase-a metalurxia do ferro por Europa. Remiata, pois:a Idade do Bronce dando paso 4 do Ferro e, xa que no Noroeste aparece a Cultura Castrexa, esta serd incardinada na nova idade; pero no Castrexo, como se ve- 14, 0 ferro € mais ben escaso, ocupando unha porcentaxe infima con respecto ao bronce, cando menos ata chegar aos derradeiros intres da stia evolucién, coincidindo xa coa dominacién roma- na. Por esta razén coidamos que este nome nonten senso no Noroeste, onde da Idade do Bronce pasamos 4 Cultura Castrexa ¢ chegamos 4 Romanizacién sen o ferro mereeer carta de cate- gorfa para definir nada. Temos, por ultimo, Ci acién Céltica de Galicia. O de civi- lizacién non incomoda excesivamente, pois ainda que para certos antropélogos seria o estado ao que chegaron algunhas culturas, por exemplo a aparicién das cidades (caso de Gordon Childe), na realidade non hai diferencias substanciais ou ontoléxicas entre cultura e civilizacién, En canto ao de chamarlle céltica, confor- mamonos polo de agora con dicir que & un adxectivo que, cando menos, minimiza toda a gran complexidade da Cultura Castrexa. Pero resulta que foi nada menos que Florentino Lépez Cuevillas quen nos ensinou € nos segue a ensinar a todos moitas cousas a través do magnifico libro que quixo titular asf. Hoxe ningtin arquedlogo chama deste xeito 4 Cultura Castrexa, pero indefectibelmente todos os profanos preguntan ‘aos excavadores ¢ conferenciantes polos castros celtas, as casas 15 LA VILIZNGQ0N CHEM PN GACY Portada da Civilizacién céltica de Lopez Cuevillas. libro clave para aconecemento da Cultura Castrexa. DA IDADE DO BRONCE PASAMOS A CULTURA CASTREXA E CHEGAMOS A. ROMANIZACION SEN ‘© FERRO MERECER ‘ARTA DE CATEGORIA PARA DEFINIR NADA. A CULTURA CASTREXA celtas, as esculturas celtas... Pero esta € outra cuestién que abor- daremos mais adiante. Para nds esté claro que a denominacién correcta € precisa- mente a mdis empregada de Cultura Castrexa ou, abreviando de xeito Iéxico, 0 Castrexo. Castros e citanias A CULTURA CASTREXA Seguindo coas cuestiéns previas de terminoloxia atopamonos con que hai diferentes nomes para os asentamentos _castrexos: castro, citania, castelo, suvidade, castrilln, cidade, croa... con moitas variantes e composios. —— Todos estes nomes tefien suscitado abondosa bibliografia, tanto desde o punto de vista etimoléxico como da funcién que hipoteticamente desempefiaban na organizacién e ocupacién do territorio. Non imos entrar no campo dos significados, por outra banda evidentes na meirande parte dos casos, pero si cmpre fa- cer unhas cantas puntualizaciéns. Durante moito tempo considerouse axiomético que os asen- tamentos con nome derivado de civitas eran superiores en ex- tension e mais importantes que os procedentes de castrum. Isto fixo que alguns investigadores ou eruditos rebautizasen, crisma- sen OS xacementos que estaban a excavar ou que pertencian ao seu pobo, cando a toponimia, ¢ obviamente os paisanos, se em- pefiaban teimosamente en dicir que eran castros. Certamente hai cidades, cividades, suvidades... de gran extensién ¢ castros pe- quenos; pero son tamén abondosos os casos contrarios. Sen sair de Galicia citemos tan s6, por razéns de proximidade (2,5 Km.) © grande castro de Santa Trega comparado co pequeno Cividans. Isto mesmo fixoo notar para a zona portuguesa de Ribeira Lima o profesor SILVA (1986: 19). Os defensores da hipétese civitas versus casirum chegaron a teorizar : ‘sobre_a ocupacién permanente dos primeiros fronte ao papel de residencia esporddica en tempos de inseguridade, ergo sen habitaciéns pétreas, dos segundos. Hoxe isto est totalmente fora de lugar. ~ ‘A orixe da palabra citania fixo correr tinta € mesmo motivou un titulo ao que tan sé Ile falta a palabra “gracias” para figurar en chapas e pancartas. Referimonos ao lacénico “Citanias, no” de Dominguez Fontela que, malia ter unha rabiosa actualidade, foi escrito en 1925. Foi precisamente Martins Sarmento, 0 exca- vador da Citdnia de Briteiros, quen encomezou a_polémica. © 10 de xanciro de 1877 escribe unha carta ao Marqués de Sousa Holstein na que lle di que cofiece catro citanias en Portugal (Briteiros, Sanfins, Monte da Saia e Baiaio) —da ulti- ma di que parece ser cousa moi pequena, pero que se chama asi— 19 A ORIXE DA PALABRA CITANIA FIXO CORRER TINTA E MESMO- MOTIVOU UN TITULO ‘AO QUE TAN SO LLE FALTA A PALABRA “GRACIAS” PARA FIGURAR EN CHAPAS E PANCARTAS. i 20 Citdnia de Briteiros vista desde a casa de Martins ‘Sarmento. PODEMOS ASEGURAR QUE CITANIA E UN TOPONIMO APLICADO AUN XACEMENTO CASTREXO DO MESMO XEITO QUE CASTELO, CIDA, SUVIDADE, ETC. EA ARQUEOLOXIA NON DETECTA VARIANTES NIN, MOITO MENOS XERARQUIZACIONS. ACULTURA CASTREXA e unha Quitania “que naturalmente sera Citania con C duro” en Ourense. Desta di que a menciona Bermtidez; supomos que se refire ao libro de Cedn de 1832. Remata a carta engadindo: “Estou firmemente persuadido que temos mais, e que esta pa- lavra nao € sendo a Cytian (Ci + tian, ti = caza; plural tian) de que se falla no paiz de Galles, e que por 14 parece serem tao vul- gares, como para aqui as Citanias” (SARMENTO, 1941: 15- 16). Facemos notar que a ortografia ¢ a do XIX, polo que ca: casa. Resulta obvio que Sarmento ainda profesaba o celtismo do que mis tarde abxurarfa con vehemencia. Non est claro que 0 Monte da Saia ou Baio fosen nunca citanias; cofiecemos ben esas zonas € xacementos e non escoitamos a ninguén chamarlles dese xeito. Segue Sarmento preocupado pola cuestién etimoléxica, che- gando a facer un inquérito entre os asistentes 4 “Conferencia Arqueoléxica” na que deu a cofiecer os resultados das primeiras excavaciéns en Briteiros, ¢ os ilustres asistentes (Virchow, Cartailhac, Vasconcelos...) inclinanse maioritariamente polo éti- mo latino civitas > civitatania/civitatanea. Como non son estas as augas nas que navegamos con algo de seguridade, deixemos © tema para 0s lingilistas. Nos tltimos tempos ainda se foi mais al4 coa palabra citania, chegando a ser empregada por algdns como sinénimo de cas: castrexa. Se 0 anterior eran conxecturas, equivocadas ou non, pero ldxicas, esta nova acepcién é totalmente inadmisfbel. Nos castros hai casas € outras moitas edificaciéns, como no seu |u- gar veremos, pero citanias non. aptne Por hoxe podemos asegurar que citania ¢ un topénimo a »s ‘emento castrexo do mesmo xcito que castelo, a, Suvidade, etc. a-arqueotoxfa non defecta variantes nin mole gas erequicaciges que leven aparellado tal ou_cal Nee s ‘0 na lingua e bautiza accidentes xeogra- A CULTURA CASTREXA ficos e rufnas, trebellos e plantas... segundo unha dindmica pro- pia que 4s veces os eruditos tentan variar, afortunadamente sen éxito, Hoxe, malia o dito por Sarmento cando tifia moito intere- se en emparentar aos castrexos cos galeses, sabemos que os xa- cementos chamados citanias son escasfsimos e 0 Monte da Saia segue a ser Monte da Saia. rte Historia das investigacions A CULTURA CASTREXA Vaia por diante que este apartado non pretende nin moito menos ser exhaustivo, 0 que por unha banda estaria aqui fora de lugar € por outra o numero de paxinas que se precisarian para facer un estudio riguroso e totalizador serfa moi superior as asignadas para este libro, que ten como vocacién dar unha visién global, actualizada e divulgativa da Cultura Castrexa. En calquera dos manuais ao uso aparece unha relacién de fontes antigas que fan referencia ao tema que nos ocupa. Obviamente isto non nos exime de voltar a citalas aqué. Iran ta~ mén aparecendo os diferentes autores que, con maior ou menor intensidade e lucidez, teorizaron sobre 0 Castrexo; veremos fa- ses dlxidas e perfodos oscuros, reducindo nés loxicamente o nd- mero de autores citados conforme aumentan os investigadores, como € 0 caso dos tiltimos anos, nos que, pola raz6n que se ve~ 4, pasan dun cento 0s que se adican a este campo da arqueolo- xia do Noroeste. Os cofiecementos adiantaron enormemente a0 longo deste século. E tan grande a cantidade de datos, de certezas —e de diibidas— que hoxe ten a arqueoloxfa que 4s veces pensamos que todo isto xa se sabia de vello, cando a realidade € que, hai 100 anos, os poucos estudiosos que habfa daban paos de cego Dolmen no Barbanza. 26 UNHA IDEA BASTANTE ESTENDIDA NA NOSA TERRA E A DO ATRASO INVESTIGADOR CON RESPECTO A ESPANA E ‘AOS PAISES EUROPEOS. ISTO E TOTALMENTE INEXACTO, PRODUCTO DUN XERALIZADO COMPLEXO DE GALEGOS E MINOTOS. Pedras do raw 0 Castro de Barta A CULTURA CASTREXA tentando pér algo de orde no caos de rufnas e artefactos. Castros, méamoas, pedras do raio, celtas, gregos... todo nun saco. Hoxe temos diibidas e xorden problemas novos; pero hai que re- cofiecer 0 mérilo e 0 cerebro que tiflan os pioneiros que, sen méis ferramentas de apoio que a Idxica € o estudio, fixeron as primeiras disecciéns. Unha idea bastante estendida na nosa terra é a do atraso in- vestigador con_respecto a Espafia ¢ aos paises europcos. Isto é Totalmente inexacto, producto dun xeralizado complexo de gale- ‘20s € mifotos, ¢ para verificalo abonda co seguinte. Os nosos Castros estaban poboados por gregos, por fenicios, por celtas... € hoxe algiins sorrin; pois en Inglaterra “Todo habia de pertenecer a.algo, a algo hist6rico y con una clara denominacién. No podia confesarse un fracaso acerca del pasado remoto del hombre; ha- bfa de estar poblado por alguien y en realidad no importaba mu- cho que lo fuera por daneses, romanos, griegos, troyanos, Noé y Jafet, las tribus perdidas, los fenicios o los druidas. Habia de ser alguien concreto; tenfa que ser un pueblo concreto en el cual uno pudiera apoyarse confiadamente. En esos momentos no te- nfa cabida la incertidumbre anénima de la prehistoria moderna” (GLYN, Daniel, 1977: 21). Pédese obxectar que isto foi dito pa- ra un perfodo anterior ao que aqui ainda se segufa a buscar un pobo concreto; pero é innegabel que se Schlieman descubre Troia en 1871, sc no ano 1875 encomezan os alemdns as exca- vaciéns en Olimpia e Marcelino de Sautuola enceta as de Altamira, seré nese mesmo ano cando no Noroeste empeza a desenterrar a Citania de Briteiros Martins Sarmento, merecendo © aplauso de Hiibner, pois, como virfa 0 sabio aleman, non im- portaba que as ruinas non fosen as de Troia ou Pérgamo. O real- mente interesante era a coetaneidade do nacemento da arqueolo~ x{a, € oS castros entran nela con dereito propio ao mesmo tempo que os xacementos gregos c exipcios (Flinders Petrie non enco- mezar os traballos ata 1880). * Cuestién distinta ¢ que a vistosidade dos achados non puider competir coa que tifian os atopados naquelas exdticas excava- ciéns, e asf vemos como os estudiantes de E.X.B. galegos cofie- cen pazos e pinturas cretenses (Evans empezou a excavar en Cnosos 15 anos despois de facelo Sarmento en Briteiros), men- tres que descofiecen 0 méis elemental da stia propia Cultura Castrexa. Quizd todo se deba a que non se soubo “vender 0 xéne- € raz6n tifa Hiibner cando recomendaba a Sarmento publicar os resultados “A la Schlieman e em francés sendo possivel”. Pero vaiamos con xcito € retomemos 0 tema desde o principio. Textos clasicos Fonog lasiaaies os autores da-Antigiiidade que-adicaron unha pate ‘os seus escritos a falar do Noroeste;pero ningtin-deles 0 ix@ Coa profundidade que nés desexariamos. As mais das noti- A CULTURA CASTREXA cias son breves, unha simple cita que nin sempre podemos atri- buir con certeza a este territorio; as iteraciéns, ou o que hoxe chamariamos plaxios, son abondosas, co que as medias verda- des, erros ou t6picos se transmiten de autor a autor. Non se trata de facer aqui un listado de nomes, ben cofie- cidos os mais deles, non s6 polos especialistas, e de doada consulta nas Fontes Hispaniae Antiaquae, en GARCIA ¥ BELLIDo... e sobre todo na oportuna monograffa de RoMERO- Pose que se esforzaron por ¢ para todos nés en escolmar o re- ferente a Galicia, engadindo unha impecdbel sintese bio-bi- bliogrdfico-estilfstica con aparato critico de cada un dos auto- res. A eles remitimos. Pero obviamente o lector estaré espe- rando ¢ esixindo que aqui se diga algo. Citemos, pois, os mais importantes. “ Estrabén adica 0 III dos 17 libros da siia Xeografia a falar da Peninsula Ibérica, na que endexamais estivo, pero da que tifa infor siéns escritas de Posidonio, Arteniidoro, Polibio ¢ ou- tros, e mesmo datos orais recollidos de viaxeiros que si tifan chegado a estas terras. E probabel que este Tibro for rematado no ano 17 d. C. baixo 0 emperador Tiberio, A sta obra non é un mero tratado de xeograffa, senén que nela hai mesturade datos etnograficos e folclricos, polo que resulta impres' indfbel para cofecer algo da situacién do Noroeste no periodo inmediata- mente anterior 4s Guerras Céntabras. Durante moito tempo os seus escritos foron aceptados sen discusi6n, pero a critica actual ubicounos no seu_lugar. como obra dun_grego romanizado e defensor-propagandista das con- quistas romanas, que aplica sen pudor.o maniquefsmo Roma versus-barbarie. O Noroeste, diel, € montafioso, frio, incomuni-~ cado e as stias xentes son primitivas € mesmo comen mantciga, pan landras ¢ bebenauga ou.unha especie de cervexa, entra- mentres que os romanos tenen aceite, uigoe vifio, Todo isto, 2 (© REALMENTE INTERESANTE ERA A COETANEIDADE DO NACEMENTO DA. ARQUEOLOXIA, E OS CASTROS ENTRAN NELA CON DEREITO PROPIO AO MESMO TEMPO QUE OS XACEMENTOS GREGOS EEXIPCIOS. (© Barbanza desde 8 Curotifia, Zona de Postmarcos de Abaixo. 28 PLINIO © VELLO, POLO “SEU CARGO NA PENINSULA CONECE ‘MOI BEN O TERRITORIO, POLO {QUE PODE FACER 101 ADMINISTRATIVA DO NOROESTE. ¥ A CULTURA CASTREXA ainda que sexa certo, non deixa de ser un t6pico para contrastar ‘a cultura coa barbaric. Por outra banda non € doado discemir Gando se refire ao qué hoxe é Galicia ou cando xeraliza para (o- do o Norte de Hispania. Un traballo dunha gran pulcritude cien- tifica sobre a cuestién é 0 de BERMEJO (1978). Pomponio Mela, hispano da zona de Cadiz, escribe a sti Choregeaphia en tres libros, dos que a nés nos interesa 0 tercei- 19, elaborado probabelmente baixo o emperador Claudio. Na sia obra describe as costas, citando os rios que nelas desembo- can e algiins dos pobos que as habitan. Significou un avance po- la exactitude das ubicaciéns. Por exemplo di que os esamarchos™ ocupan as alturas entre o Tambre e o Sar, € di- cir, na peninsula do Barbanza, e ainda hoxe na divisién eclesids- tica de arciprestados toda esta zona pertence ao de Postmarcos de Arriba cara 4 ria de Muros ¢ Postmarcos de Abaixo cara 4 da Arousa, —Plinio.o Vello- que foi oficial de cabaleria en Xermania, pro- curador da Hispania Citerior.e almirante da frota en Miscna, ‘ainda tivo tempo para escribir 160 volumes, dos que se conser- van 0s 37 libros da sta Naturalis Historia. Polo seu_cargo na Peninsula, no-ano-73-4,-C. (ao ano seguinte morreria asfixiado { polos gases do Vesubio, ao querer estudiar a pé de monte a Zale crupcién do voledn) cofiece.-moi.ben o territorio, polo que pode _ facer_unha descricién xeogrdfica e administrativa.do_Noroeste, asi como aportar moitos datos sobre costumes, fontes de rique- za, aproveitamento dos recursos, etc... A siia obra € de consulta “Obrigada para 0 cofiecemento ¢ ubicacién dos diferentes pobos que habitaban 0 Noroeste. Precisamente para incidir sobre ese asunto temos un comple- mento en Ptolomeo ¢ a stia Xeografia. Este autor, grego de Exipto, traballou no Museo de Alexandria no S. Il d. C. e dei- xounos un listado de accidentes xeograficos e pobos, moitos de- les xa coniecidos por Mela e Plinio; pero o seu traballo aporta a novidade cientifica de que todos os lugares estén referenciados _a medio de coordenadas xeograficas en graos ¢ minutos. O pro- lema que se nos suscita & que, como era de esperar, as ditas unidades non se corresponden coas actuais, polo que, malia as tentativas de facer as oportunas correcciéns, traballo encarado en profundidade xa hai uns anos por MONTEAGUDO (1947), non sempre foi posibel situar con razodbel certeza todas as vilas, ci- dades ¢ accidentes xeogréficos, Poderiamos seguir enumerando e sintetizando autores clasi- cos, desde Avieno a Floro ou ao bilbilitano Marcial, cantor dos Nosos pelxes, Mariscos, caza ¢ ouriveria; pero coidamos que a patton pocinals ests feita e remitimos novamente ao lec- bipaciinides dee aconsellados No inicio deste tema. Para a ete at : Tes lugares, dos conventos xurfdicos da 46-74) basendo wan prescindibel 0 traballo de TrRaNoy (1981: nas fontes clisicas end epigrafia. Pero son ain- A CULTURA CASTREXA 29 arountniti, Manne a ee Le woRD-OUEST selon Ptolé J Tef———1 da bastantes as vilas dos que somente coficcemos 0 Nome, ¢ en Mapag de Galicia ocasiéns a epigrafia, quiz4 por non saber interpretala, confunde (Fonte: A. Tranoy). mis do que clarexa. Estamos a pensar concretamente no caso da posfbel duplicidade de nomes de pobos que fai que uns auto- Fes os ubiquen nunha drea ¢ outros noutra Mor diferente. Da Baixa Romanidade ao Século XIX Conforme-vai-esmorecendo oImperio Romano van tamén rareando as referencias ao Noroeste. As xentes tefien outras preo= cupaciéns mais apremiantes ¢ OS tempos non son doados para o traballo intelectual. Os romano: caters i ° 8 ee deste recuncho da Peninsula ¢ tefien dabondo con sobrevivir ¢ fentar defender o limes oposto do Rin-Danubio. Mesmo aqui. na FONeREaT, val Gallaccia xa hai séculos romana. os temores € as eae IMPERIO ROMANO son idénticos, non deixando tempo para escribir sosegadamente YAN TAME is sobre eles mesmos. E por iso polo que non podemo: agardar ex- cesivas novidades nas obras de Orosio ou Hidacio, moi posit 1 mente bracarense 0 primeiro ¢ limiano © segundo. pois, ainda que tefian datos titiles para 0 que nos ocupa, Os scus intereses i $s teiros. , a Bn porouron deme. an Manno de Duo be po de Braga, quen na sta pastoral, De correctione rusticorum, REFERENCIAS AO NOROESTE. AS XENTES TENEN OUTRAS PREOCUPACIONS MAIS APREMIANTES E OS TEMPOS NON SON DOADOS PARA. TRABALO INTELECTUAL. 30 A CULTURA CASTREXA Peixes e manscos aparecen representados ‘nos mosaicos galegos, (Museo Argueol loxico Lugo). ofreceranos algtins datos Cultura Castrexa, Calan ‘as Tontes ata que chegamos. aos inicios do S. XVII, pois as “curiosidades” que podemos atopar no Cardeal Xerdnimo del Hoyo, o Licenetido Molina ou Ambrosio de En 1610 aparece a Historia del Apéstol de lesus Christo Sanctiago Zebedeo. Parrén y Capitér General-de-las Espaiias le Mauro Castella Ferrer, que aporta unha serie de datos sobre Pobos, inscriciéns, castros (0 de Francos ou Lupario mesmo cun tipo de medidas que indican a condicién de soldado do autor) € esculturas, Pero vai ser no S. XVIII cando as referencias 4 Prehistoria en xeral € ao Castrexo en Particular se multipliquen nos escritos dos ilustrados como Seguin, Sarmiento, Sobreira, Cornide, Huerta ou Flérez, ~~ _ O xesuita Pascasio de Seguin no seu Galicia Reyno de Christo Sacramentado... (segue 0 longuisimo titulo ata 136 pa- labras), editado en México en 1750, anque comete graves erros histéricos, transcribe curiosos datos sobre monumentos ¢ anti- gilidades, Fr. Marti armiento porta moitas noticias recollidas ut nas suas viaxes, vg. no Viaje que yo F; desde San Martin de Mi 7 Gall deixou nos seus Manuscri Fe Pals nos imeresa agora: De fog Primeros po- cla, Mapa ¢ iy ani ici¢ arpaden ee pie Pa corografico de la antigua Galicia, § descripciones de los 8ebgrafos griegos y roma- Se A CULTURA CASTREXA nos, con una lista de la correspondencia de los nombres anti- gutos a los modernos (1790), etc. Francisco Xavier Manuel de la Huerta y Vega no seu Anales de el Reyno de Galicia, (1733) se- gue, case sempre textualmente, a obra de Castellé Ferrer. E xa Por iltimo hai que citar ao P. Enrique Florez, concretamente a sia Espaiia Sagrada. Teatro geogrdfico-histérico de la Iglesia en Espaia. Nos anteriores autores, moi na lifia de todos os libros de via- xes € crdnicas descritivas da Europa e a América, xerme da ac: tual etnoloxfa, hai xa unha tentativa de asignar pobos concretos e de procurar unha filiacién aos monumentos que citan ou des- criben. E estes pobos van ser romanos, gregos e, en menor me dida, pinicos, se ben xa se encomeza a apuntar a importancia do elemento céltico. KIX Na primeira metade do século seguinte hai que resaltar a obra Sumario de Antigiiedades romanas que hay en Espaiia, en especial las pertenecientes a las Bellas Artes de Cedin Bermiidez.¢ imprentada en Madrid en 1832. 0 mesmo que fixe- ra Huerta y Vega, este autor segue textualmente a Castella, Neste século XIX chegardn, con retraso, a Galicia ‘as corren- ‘es roménticas ¢ neorroménticas, que dardn.un xiro.importanie 0s estudios hist6ricos. Non € 0 caso de repetir aqui algo tan sa- bido como que a historiografia romantica encamifiou os seus es. forzos en procurar as raices dos nacionalismos para reforzar identidade propia fronte ao uniformismo neoclasicista que co- ria por Europa baixo as bandeiras imperialists napoleGnicas. Galicia, ainda que tarde, vai buscar tamén a stia especificidade ¢ para iso € preciso atopar un substrato étnico diferente ao das restantes zonas peninsulares, e por conseguinte, xa que no Sur do que andan sobrados é de pobos mediterrincos, os nosos de- vanceiros serin os celtas. Deixemos a valoracién disto para o capitulo seguinte e vexa- MOs agora cales son gs autores que no S. caracterizado por A CULTURA CASTREXA tuas de guerreiros en pedra, montouse 2 teorfa da belicosidade dos castrexos. Resulta curioso comprobar como os historiadores manipulamos as fontes para facelas encaixar nos nosos precon- ceptos. Nos.iltimas.anos, autores como Estrabén naliza- dos e de Jos, previa demostracion de que a sta lif Tiental conducfa a coniraporier ¢ resaltar as ventaxas da clon Me nea” fronté’A “barbaric dos pobos conquista- dos por Roma.Con boa ferramenta intelectual, 0 profesor Ber- mejo foi procurando e atopando todos os t6picos ilustrativos do anterior: os de aqui comfan landras, bebfan auga ou unha espe- cie de cervexa e cocifiaban con graxa animal, mentres os medi- terréneos tifian a sia triloxfa de trigo, vifio ¢ aceite. Remitimos ao autor para non repetir aqui os exemplos da ideoloxfa de “an- tropélogo victorian” que Estrabon tifa. Pero o chocante estriba en que, se vel nao fio dos nasos.razo« _namentos-Estrabén- “principal dores. Asi pois hai castros que se ubicaron isto enriba de xacementos mineiros, caso do de Baltar (Ouren: se) onde ainda sobre 1940 a empresa SOMAR beneficiou mine: ral de volframio-estafio; outros, sen se ubicar enriba do son mineiro, si naceron para controlar as minas da zona ¢ circula: cién do mineral, lembremos 0s castros do Courel (Lugo); moitoe asentarfanse sobre zonas de paso e vieiros de comunicacién. E bvio que. os casisos-antes da chegada dos romanos facendo Y= estar i tre-cles-e-or-camifios fluviais tiveron poboados ao longo das dias marxes dos rios, caso, Cnire a dos dispostos nas elevaciéns sobranceiras do Loio (Castro a Rei, Barda, Toural, Francos, Cortes, etc.). Algins quiz tive! unha especial vocacién comercial a longa distancia. mais Cr adiearse 4 pesca, como sucede cos de Vigo, A Lanzada (malt dito da séa topografia), Baroiia, etc... Haberia castros, & ne que simplemente foron feitos en zonas nas que poderfan oes rolar a sa actividade agropecuaria. E. xa por tiltimo, hai gare castros, tipo Sanfins, Monte Mozinho, San Cibran de Las... posibelmente tiveron unha funcién de control e mesmo ade trativa dun territorio ocupado por poboades mais pequenoy tamos citando castros que desenvolven a sua actividade x2 9°, © dominio romano ¢ que os invasores potenciarian ou mes crearfan con esta finalidade, cn Vemos, pois, que as funciéns son miltiples, ¢ con Con. nagdns casos combinarfanse varias das citadas nos difere™ poboados. O de menos, por conseguinte, é que uns aparezan €? in ado © Que _desempefiar_un papel i inte nun erreo_accidentagt _Cheo de vexetacién, Wes ds vexeucion enn non se explicarfan os aliflamentos ACULTURA CASTREXA vg. 0 das Cies, outros en peninsulas (Barofia, O Neixén...), moi- tos nas abas dos montes (Santa Trega) ou no cumio (Monte Mozinho), cn zonas altas ¢ totalmente chas (San Cibrin de Las, ‘ow ainda mellor Viladonga), ou que vaian desde o nivel do mar, coas murallas actualmente desfeitas polas marusias, por exem- plo Barofia, ata sobrepasar os 1.000 m. de altitude, caso de Lesenho (Portugal). Pensamos que, despois de todo o dito, bus- car alturas medias para todo 0 territorio castrexo, como se ten feito, carece de interese, pois loxicamente os castros estén asen- tados no terreo e se Galicia e o Norte de Portugal tefien unha al- titude media os seus castros terdn a mesma. Honestamente coi- damos que facer isto pode resultar entretido, pero que en nada axuda ao avance das investigaciéns, ¢ moito menos mentres os estudios non especifiquen con claridade as cronoloxias de cada castro cartografado. A forma Hai algdin xacemento que figura na némina dos castrexos ¢ que ten un perimetro rectangular: é 0 caso de Curalha, na zona de Chaves, ou 0 Castro de Rio en Vilamarin; pero todo apunta a pensar que non se trata de verdadeiros castros, senén dalgtin ou- BUSCAR ALTURAS MEDIAS PARA TODO O TERRITORIO CASTREXO ‘CARECE DE INTERESE, POIS LOXICAMENTE OS ASTROS ESTAN, ASENTADOS NO- TERREO E SE GALICIA E NORTE DE _ PORTUGAL TENEN UNHA ALTITUDE MEDIA (05 SEUS CASTROS TERAN A MESMA, tro tipo de asentamento romano. Q _poboade-casirexo-sempre <—<— aparece definido polalifia curva_Os tardias. tipo agricola, po- Sen ter tendencia —romana—aorectingulo. Tense dito moitas veces que Os castros tefien forma circular Vista atrea Uo castro de Viladonga. (Foto: Museo die Viladonga). ACULTURA CASTREXA cunha ou con varias murallas concéntricas. O primeiro € certo s6 nalgtins casos, o segundo € unha simplificacién. O que si cst claro € que os dos se upado. En zonas _ 08 poboados se adaptan ao terrco oct _Shas tenden a0 circulo, nos espoléns sabre os rios son irregu “hente alongados € 05 costeiros ocupana mente dos € 0s costeit peninsula mesma.cor tando cun muro recto 0 istmo, como sucede en Baroijia. Hai cas- ros que te Thuralla, pero € moi frecuente atopar ampliaciéns ou antecastros que a van festonando ¢ que 4s veces quedan inscritas noutras posiblememente posteriore: Salientamos 0 de posibelmente, pois a incidencia nas excava- cidns das murallas, escasa polo de agora, non sempre proporclO- nou elementos que permitan pensar en diferencias cronoldxicas- mais, 4s veces as conclusiéns suxiren 0 contrario: de ocupat un gran espacio pasouse a habitar o mais interior. Na pasada década, tentando verificar a sincronia ou diacro- nia de todo o recinto, encomezironse a facer excavaciéns €" Corte lonxitudinal 20 longo do xacemento, cfr. Sanfins ou Cas~ tromao, entre outros; pero os resultados non compensaron 0 eS~ {2u70. voltindose & planificacién inmediata da excavacién € Ao falar do habitat retomaremos o tema dos antecastros: A CULTURA CASTREXA O ntmero Falando de castros a nivel xeral resulta obrigado tocar este as- pecto, Fagdmolo, pois, pero adiantando xa que os datos aporta- dos tefien un valor moi relativo. Téiiense barallado cifras, para o que hoxe é Galicia, que van desde os 1.300 castros de Barros Sivelo ata os 5.800 de Angel del Castillo, cantidades meramente estimativas feitas cando as catalogaciéns ainda estaban principiando. Hoxe, malia os traba- individuais-ae is istracion afi llosindivid _Ha estamos lonxe de poder precisa nimero de poboados, $6 i publicadainharelacién de 922 para o Norte , leste pais as prospecciéns e primeiros inventarios foron feitos Por Martins Sarmento, quen traballou preferentemente a zona de Guima a franxa costeira, por Alves Pereira na terra dos Arcos de Valdevez, por Bellino nos arredores de Braga, polo Abade de Bagal na zona de Chaves, por Barreiros no concello de Montealegre e, por non seguir a relacién, por Abel Viana na rexi6n do Alio Minho, En Galicia os traballos sistematicos ve- fien_da man dos_homes-do io de Estudos Galego: Uépez Cuevillas, Xurxo € Xaquin Lorenzo Fernandez, Fraguas Fraguas, Filgueira Valverde, Bouza Brey... irén publicando os catdlogos de castros das comareas de Celanova, Val de Vilama- tin, O Carballifio, Terra de Lobeira, Melide, A Estrada, O Savifiao, O Barbanza, etc... aparecendo as primeiras cataloga- ciéns na prestixiosa revista Nés, e posteriormente, desfeito 0 Seminario, no Archivo Espaitol de Arqueologia, nos Congresos Nacionales de Arqueologfa e na revista Cuadernos do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, entre outras. Dos moitgs iraballos recentes citaremos {an s6, pois non ten maior interese alongar esta relacién, a_dltima catalogacién do jo.de Santiago na que sc. document 27 xacementos, 83 Castro de Baroia, TENENSE BARALLADO SIVELO ATA OS 5.800 DE ANGEL DEL CASTILLO. Fy DICIR QUE EN TODO O NOROESTE HAI 3.000 ‘ASTROS OU QUE NA COMARCA DE SANTIAGO HAI 27 NON SON MAIS QUE NUMEROS. ‘A CUESTION RADICA NA CRONOLOXIA. A CULTURA CASTREXA da Terra de Trasdeza, estudio este.da.autoria de Carballo Arceo, ue_consideral ico ¢ exemplo_a seguir neste tipo_de _Traballgs, anque, como dixemos antes, non compartamos o inte- rese excesivo polos aspectos visuais, A meiran: do territorio galego esté ainda sen prospec- tar-ou polo menos non foron publicados os inventarios xa feitos ‘dun xeito sistemstico e subvencionados pola Direccién Xeral do Patrimonio Hist6rico e Documental. Isto imposibilita aventurar unha cifra aproximada de xacementos. Por outra banda, as co- marcas cofiecidas ofrecen moi dispares densidades por area e cando se incide nunba zona xa traballada, como é, entre outras, 0 caso de Compostela, novos xacementos pasan a engrosar a re- lacién anterior. Asi e todo, quizais non sobre empregar_a_pru- dencia de Boubicr. quen, tirando polo viciro do medio_suxire a posfbel_existencia duns 2. 500 castros, se ben este autor, para Os seus estudios, tan s6 fixo traballo de gabinete (mapas to- pograficos e fotograffas aéreas), co que os resultados hai que to- malos con moitas cautelas. (Ver mapa despregabel na pax. 96) Dixemos ao primeiro que os datos aportados tefien un valor moi relativo. Os inventarios son 0 paso previo para ter un con- trol do patrimonio arqueol6xico e asf poder salvagardar os xace- Mentos, sempre ameazados e a mitido destrufdos por obras pti- blicas e privadas; pero 4 investigacién sobre o Castrexo dinlle moi pouco por si mesmos. Dicir que en todo o Noroeste hai 3.000 castros ou que na comarca de Santiago hai 27 non son mais que ntimeros dos que practicamente non se poden extracr conclusions. A cuestién radica na cronoloxia. ;Son coctineos os 27 de Santiago? Mentres non saibamos isto sobra facer porcen- taxes castrofterritorio, castro/parroquia, castro/Km nunha zona fronte a outra(s); € 0 mesmo dicimos da visibilidade entre cas- tros, ocupacién global do territorio, et Uns puideron nacer nos inicios do Castrexo ¢ outros no re- mate, 0s primeiros puideron continuar habitados ata o fin ou de- saparecer ao tempo ou untes de se ergueren outros. Nada, pois. podemos saber sobre unha hipotética estabilidade poboacional. un aumento ou unha dimihucién ao longo dos séculos. Alggins presentimos que a Cultura Castrexa foi ocupando to- do 0 territorio avanzando de Sur a Norte ¢ de Oeste a Este #0 longo das bacfas hidrograficas: pero isto non deixa de ser unha Presuncién ata que unha verdadeira planificacién de catas ¢ ¢X- cavaciOns vena confirmala ou desbotala, As dimensions Ata hai pouc imensi 4 at Pouce tempo, as dimensidns dos castros vifian dadas is respectivas lonxitudes dos e1x0s le xe c me 5

S-ar putea să vă placă și