Sunteți pe pagina 1din 5

COECER GALIZA

Andando o Pas

A COMPOSTELA AGOCHADA
Descubrir os recunchos agochados e as peculiaridades da cidade que ten moito mis que a suposta tumba dun apstolo e unha Universidade fundada hai uns 500 anos .

Juan Garca Segade


2

RE V OLTA I RMA NDI NHA

Esta ruta pretende ser algo diferente ao que se lle ven ofrecendo ao turista ou para quen estea canso de que lle aborden con tantos datos histricos e artsticos. O que ofrezo un roteiro alternativo, sen comentar a Catedral e arredores (as catro prazas que a rodean), salvo as vistas que atoparemos nalgn punto. Isto vai de descubrir os recunchos agochados e as peculiaridades dunha cidade que ten moito mis que a suposta tumba dun apstolo e unha Universidade fundada hai uns 500 anos; en resumo, atopar peculiaridades que a fan diferente das demais, de feito, haber un toque pcaro e desenfadado que far ameno o devir; mergullmonos de cheo no que nos ofrece Compostela, benvid*s.

Bonaval

omezamos o itinerario no Mosteiro de San Domingos de Bonaval, visitando o Museo do Pobo Galego (merece a pena botar unha ollada triple escaleira de caracol), mailo Panten de Galegos Ilustres onde xacen Alfonso Daniel Rodrguez Castelao, Rosala de Castro, Francisco Asorey, Ramn Cabanillas, Domingo Fontn e Alfredo Braas. A carn do mosteiro temos o parque de Bonaval, o curioso que carece de papeleiras (pese a ese detalle est moi limpo) e diversas fontes que se nutren dun manancial que nace na parte alta do xardn, na cal est o antigo cemiterio municipal, hoxe xa sen cadaleitos e por onde sairemos direccin Porta do Camio, non sen antes parar no n 9 da ra Bonaval, xa que al est a entrada segreda ao Mosteiro de Bonaval.

Entrada segreda de Bonaval

Oliveira

Pasada a Porta do Camio, entrada cidade vella do Camio Francs, xa na ra Aller Ulloa, collemos a primeira ra dereita, e ao mesmo lado deixaremos unha oliveira que lembra o rastro dunha xudera que houbo tempo atrs nesa zona; continuamos pola ra Oliveira, unha ra moi estreita, e nun recuncho veremos un desvo, un dos sitios mis peculiares de Compostela, a ruela de Sae se Podes. Samos dese labirinto particular e xa na ra Travesa, ao final, temos unha figura rechamante dun poste de pedra que nos lembra a un pene, o Carallo 29 que fai verdade a expresin galega, posto que contando os nmeros da ra, correspondera co 29. A poucos metros est a Praza de Abastos, o segundo lugar mis visitado de toda a cidade, loxicamente o primeiro a Catedral. Nel podemos atopar os mellores produtos da terra e do mar todo elaborado de xeito tradicional e cun trato familiar e amigbel.

Sae se Podes

RE V OLTA I RMA NDI NHA

Dirixmonos cara a igrexa de Salom, onde est unha virxe encinta na fachada e un anxo con lentes no altar. Imos ra mis estreita de Compostela (apenas pasan 2 de lado), a ruela de Entrerras, para pasar do Vilar. Xa al, imos direccin catedral para atoprmonos cunha figura dun neno espido nunha columna (n 15 da ra; al estivo a sede da Editorial Ns na cidade) e facerlle unha broma tpica compostel metndolle a un incauto un dedo no ptreo cu do cativo, ou se tal apagar a cabicha en tan peculiar burato. Na praza de Prateras, presidindo nun lado est a Casa do Cabildo, que se construu principalmente para embelecer a praza, sendo un dos edificios mis estreitos de toda Galiza, con apenas 4 metros como mximo; nel rodronse escenas do Lapis do Carpinteiro, pelcula baseada nunha obra de Manuel Rivas. A poucos minutos acharemos o claustro de Fonseca, onde no centro est a estatua de Alonso de Fonseca, gran humanista e mecenas da fundacin da Universidade; a xente selle facerlle mofa co mbil colocndollo na man esquerda - fxense na pose da estatua, posto que foi precursor no seu uso -.

Entrerras

Indo cara a Praza do Obradoiro, facemos un pequeno alto esquerda, onde hai unha pequena rbore das ciencias na cal se un est sen saber cal o seu don ou destino, poder sabelo, pondose de costas e sinalando; as sair de dbidas.

Casa do Cabildo

San Fructuoso

E continuando coa marcha, atravesando o Obradoiro, nunha esquina, concretamente, ao lado dereito do Pazo de Raxoi, na parte de atrs, colocarmonos para contemplar a fachada da igrexa de San Fructuoso, xa que os picheleiros (xentilicio dos compostelns) dicimos que esas 4 figuras que corresponden coas 4 virtudes cardinais - Fortaleza, Prudenza, Xustiza e Temperanza son en realidade as 4 sotas da baralla espaola: Bastos, Ouros, Espadas e Copas. Seguidamente, baixamos, e a carn dun pequeno labirinto, no mesmo muro da igrexa teremos unha inscricin que ten como tema morte e que di as, en galego, pese a que estea en casteln, Como ti te ves, vinme; como me ves, veraste.

RE V OLTA I RMA NDI NHA

De volta ao Obradoiro, no Hostal Parador dos Reis Catlicos, hai unha grgola impdica con forma humana bastante peculiar que nos amosa o cu.

Dirixmonos cara o leste, pasando a praza da Inmaculada, a carn da Catedral, e bordeamos o Mosteiro de San Martio Pinario. Al nos agarda a grgola da serea, obviamente mis bela c do cu. Collemos a ra que temos enriba nosa, a das Camps de San Xon, e que se chama as polo campanario abandonado nunha casa que antes ocupaba unha igrexa nese espazo e que era da parroquia do devandito santo, hoxe desaparecida. Xiramos dereita para ir Casa da Troia, antiga pensin de universitarios, que se fixo famosa grazas obra do mesmo ttulo da casa, escrita por Alejandro Prez Lujn. Campanario de San Xoan

De volta ao punto previo ao desvo, desta imos cara a esquerda e nunha ra que se chama Abril Ares, percibimos unha grgola de beizos rechamantes, a do Moro. Continuamos recto e chegamos Praza de San Martio Pinario, o detalle que a esta igrexa se accede baixo o nivel do solo. Proseguimos a ruta na Praza de Cervantes. Al, a tpica broma a dos ps do escritor, co fin de mollar ao obxectivo dicndolle que os ps do autor do Quijote os ten no fondo da fonte; aquel asmase para velos e enchupase. O certo que al era onde se queimaba aos condenados pola Inquisicin e foi a praza do Mercado, incluso estivo a Casa do Concello (diante do bar Agarimo, a casona xunto o BBVA) antes de trasladarse ao Pazo de Raxoi. Seguidamente, dirixmonos ao arco de Mazarelos, que o nico resto visbel da antiga muralla, e por el entraban os vios do Ribeiro e os cereais de Castela.

Arco de Mazarelos

Praza de Cervantes

RE V OLTA I RMA NDI NHA

Xa pola zona nova, chegaremos Praza de Galiza. Onde est o Banesto, hai un pazo, e diante dun dos pasos de pens mis transitados est unha peza de Francisco Asore, unha columna. Principalmente o valioso o capitel que representa varias figuras onde disque estn figuras representativas da historia galega, como o caso de Rosala ou Castelao.

De volta zona vella, imos cara a Praza do Toural, onde nos agarda Atlas. Hai unha lenda que fala de que el deixar caer a bola do mundo que sostn sobre o seu corpo o da que pase por debaixo unha estudante compostel virxe.

Dirixmonos cara o pulmn da cidade, a Alameda. Al temos das figuras das mis fotografadas, As Das Maras, ou as das en punto; das irms que padeceron a crueldade do franquismo e o seu modo de rebelda fronte a el era mostrarse as de vestidas e maquilladas pese os paos que levaron ao longo da sa vida, dar un paseo pola cidade e chiscar o ollo e piropear aos mozos. E, rematamos o itinerario na rbore dos namorados, un gran eucalipto que se acha ao final do Paseo dos Lens, man dereita das Das Maras. Nesa rbore impoente as parellas gravan os seus nomes en sinal do seu amor e a vista da Catedral e da zona vella impresionante. Agardo que se divertiran na ruta. Duracin aproximada: das horas e media. juansegadeguia@gmail.com

RE V OLTA I RMA NDI NHA

S-ar putea să vă placă și